CRTVG

Buscar

Celébrase en Ordes unha nova edición do Festival DesOrdes Creativas

Publicado o 14/08/2020 21:39

Traballan arreo case desde o ceo pero préstalles. Pintan a vida por fóra, visten o abandono de casas e espazos en desuso, é a arte urbana dunha nova cita co Festival DesOrdes Creativas.
Visitamos o novo desta galería, o que está en proceso. O que pintan nunha das edicións máis reivindicativas do festival. Porque tamén pintan a vida por dentro.
Estarán rematados o domingo, este ano o festival desenvólvese sen música, sen actividades paralelas pero, nestes tempos, coa arte e a cultura como a mellor das vacinas
Marabillados condutores e veciños. Xa van aló en Ordes 13 edicións e 76 murais.




 

Noticias web

14/08/2020