CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Celébrase en Noia o festival de circo O Retruke

Publicado o 10/05/2014 21:23
Durante esta fin de semana Noia converteuse na capital galega do circo. Desde o venres e ata mañá domingo celébrase o festival O Retruke, que quere dar a coñecer as artes circenses.

No Retruke danse cita artistas do denominado novo circo, unha manifestación cultural que mestura malabarismo, acrobacia, improvisación, clown, e cabaré, e que cada vez gaña máis terreo dentro do panorama escénico galego.

O programa do festival inclúe actuacións e espectáculos, tanto na rúa como no pabellón e nunha discoteca, pero tamén contén obradoiros de malabarismo, de acrobacias, de diábolo ou de clown.

Hoxe os espectáculos continuarán ata a madrugada, e maña haberá máis actuacións, obradoiros para nenos, olimpiada de malabarismo e pasarúas.

O festival O Retruke quere dar a coñecer, e dignificar, a arte do circo, e animar a todos a achegarse a este mundo de ilusión.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí