CRTVG

Buscar

Celébrase a primeira edición da Festa da Conserva en Vilanova de Arousa

Publicado o 02/08/2020 15:50

Nun verán en que moitos concellos optaron por cancelar as súas citas festivas, en Vilanova de Arousa apostaron por celebrar a primeira edición da Festa da Conserva e Produtos elaborados do mar.  

Deste xeito o Concello quere agradecer o papel das conserveiras como motor económico de Galicia, e máis concretamente deste municipio arousán. Cinco conserveiras vilanovesas e outras nove doutros concellos ocupan 14 dos 22 postos instalados na avenida do Recheo durante esta fin de semana.

Adegas da contorna tamén ofrecen aquí os seus viños para maridar con toda clase de produtos elaborados do mar, como mexillóns ou berberechos. Os organizadores xa falan de éxito e poñen a vista na edición do ano que vén, en que esperan dobrar o número de empresas participantes. 

 

Noticias web

02/08/2020