Celébrase a 34 edición do Pantín Clasic
Publicado o 01/07/2021 15:30
O tempo é sempre moi importante no Pantín Classic que se celebra en Valdoviño. Onte as ondas non estaban e hoxe a cousa tamén está tranquila. Aínda así, o ambiente de surf que se respira é incomparable.
Máis de 5.000 persoas fóronse achegando estes días a seguir a competición, que este ano, por mor da covid, tamén ten restricións. Nesta 34 edición había que inscribirse como público e acceder cun código QR.
O Pantín Classic converteuse nunha cita ineludible do calendario mundial do surf e con grande impacto económico na comarca de Ferrolterra.