CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Celébrase a 2ª edición de 'Rapaciñ@s', para promover o bo uso de Internet entre os nenos

Publicado o 14/05/2016 21:26

A Cidade da Cultura acolleu hoxe a segunda edición de 'Rapaciños: a tecnoloxía ben segura', unha iniciativa que combina actividades para pais e nenos co obxetivo de promover un uso seguro e positivo da internet e das novas tecnoloxías.

Na xornada de hoxe os participantes achegáronse ao mundo de posibilidades que abre a era dixital na que vivimos. Os pais fixérono a través dunha charla titulada 'Internet non é doutro mundo', na que se expuxo cómo os pais e os docentes deben implicarse para ensinarlles aos rapaces a facer un bo uso das novas tecnoloxías.

"Teñen ferramentas para facer cousas fantásticas ou terroríficas. Vai depender de que sexamos capaces de ser mellores pais, no sentido máis duro da palabra, de comprensión, de dar amor, do que é ser pais, e imos ter que ser mellor profesores ca nunca".

A nova realidade online e as redes sociais están definindo un novo modo de relacionarse e participar.

"Nas redes aprendemos a participar, a comunicarnos por imaxes... Cousas que no mundo real, no mundo 'off line', porque para a xente nova as dúas cousas son reais, son máis difíciles, e que amplifican e potencian algunhas cousas boas, tamén, do ser humano."

Na xornada, os rapaces participaron en obradoiros que mesturaban aspectos educativos e lúdicos. Neles deron os seus primeiros pasos en programación e en robótica, algo que non hai tantos anos parecía cousa do futuro e que hoxe está xa ao alcance dos nosos nenos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí