A Fundación Rosalía de Castro celebra 50 anos da apertura da casa da escritora
Publicado o 08/07/2021 14:54
Presentáronse este xoves os actos conmemorativos dos 50 anos da apertura da Casa de Rosalía de Castro. A Fundación Rosalía anunciou esta toda unha serie de celebracións e actividades que se van prolongar durante todo o ano.
O acto oficial institucional desta apertura terá lugar o próximo día 15 pero desde hoxe está dispoñible unha visita virtual á Casa de Rosalía, que se poderá seguir en catro idiomas: galego, español, francés e inglés.