CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Celebración do Día das Letras Galegas na Coruña

Publicado o 17/05/2017 14:23


Hai tesouros agochados entre as pedras do parque do pasatempo de Betanzos. Palabras en galego que os pequenos deben descubrir se queren facerse co premio a esta actividade coa que a vila se une ao Día das Letras Galegas..

"Imos buscar un tesouro no parque do Pasatempo"
" Buscamos que os pequenos coñezan este parque e que se acheguen tamén á lingua galega"

Canda esta orixinal iniciativa para promover o uso da nosa lingua, A Coruña uniuse á celebración cunha lectura de textos de Carlos Casares que por mor da chuvia houbo que trasladar ao salón de plenos do Concello. Persoeiros da vida polític, social e cultural da cidade participaron nesta iniciativa institucional

As librarías e espazos culturais da cidade tamén se suman aos actos con conferencias e descontos especiais a todos aqueles que merquen hoxe libros en galego.

"Promover a lingua galega e tamén as actividades nas librarías"

O broche de ouro á celebración porao esta noite a música de Xabier Díaz no Campo da Leña.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí