CRTVG

Buscar

A raíña Isabel II celebra o seu 94 aniversario na súa residencia de Windsor

Publicado o 13/06/2020 13:37

A raíña Isabel II, de 94 anos, apareceu esta sábado en público con motivo do seu aniversario oficial, pero desta volta no castelo de Windsor e non en Londres como é tradicional, con menos pompa e sen multitudes como consecuencia da pandemia do coronavirus.

 Todos os anos nun sábado de xuño a soberana festéxao coa que se denomina "Trooping the Colour", unha corida cerimonia que se celebra na avenida fronte ao pazo de Buckingham e na que participan membros da Garda Real e sae ao balcón a familia real. A crise do coronavirus que obrigou á Raíña a permanecer illada en Windsor levou a este cambio de plans pero unha banda militar  e os gardas galeses fixeron o desfile no interior do recinto do castelo. 

 A Raíña presidiu a parada militar desde unha tenda de campaña decorada con flores. Isabel II levaba un abrigo verde pálido, pamela a ton, colar de perlas e un bolso negro. A diferenza doutros anos, os familiares máis próximos estiveron ausentes, nunha xornada lixeiramente asollada e na que se suspendeu o tradicional voo rasante da forza aérea británica mentres debuxan un ronsel coas cores da bandeira británica.

É a segunda vez nos 68 anos de reinado que o desfile militar non se pode celebrar en Londres. A primeira foi en 1955 por mor dunha folga de trens.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

13/06/2020