CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Celebra Galicia toma as rúas de Bos Aires

Publicado o 08/10/2017 15:05

Na Arxentina, esta fin de semana á colectividade galega celebrou nunha nova edición do Bos Aires Celebra Galicia.
Os mozos de ascendencia galega que este verán fixeron un tramo do Camiño de Santiago recibiron as súas compostelas.

Galicia foi protagonista esta fin de semana en Bos Aires.
A capital riopratense acolleu a cuarta edición do Bos Aires Celebra Galicia, onde miles de personas se achegaron a coñecer a gastronomía e o folclore da nosa comunidade.

A emblemática Avenida de Mayo porteña convertiuse nun escaparate que convidaba ós arxentinos a viaxar polos recunchos galegos.

A comunidade galega do país austral estivo acompañada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen ademáis fixo entrega das Compostela, o diploma que acredita ós peregrinos que fixeron o Camiño de Santiago, ós setenta mozos descendentes de galegos e residentes na Arxentina que no 2017 participaron no programa 'Conecta con Galicia', da Secretaría Xeral da Emigración.

Vicepresidentes da Xunta - Alfonso Rueda:
"É unha maravilla vir aquí e estar con eles e dicir que están contentísimo de haber coñecido galicia a través do Camiño e que se sinten un pouquiño máis galegos que cando se foron.
Creo que esta é unha cousa que hai que seguir facendo e vir a quí a darlles as compostela é todo un privilexio".

Para moitos destes rapaces era a primeira vez que viaxaban a Galicia e podían coñecer a terra dos seus avós.
É o caso de Julio e o seu irmán que puideron gozar xuntos desta experiencia.

Participantes do programa Conecta con Galicia - Patricio e Julio Fontán Uranga Castro
"Ó sair elexidos e ter a oportunidade de ir alá aproveitámola porque non sabíamos se íamos a volver ter a oportunidade de ir disfrutámolo do mellor xeito".

Unha vivencia que agora se completa ó recibir a Compostela no seu país natal, a miles de kilómetros de Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí