CRTVG

Buscar

Celanova quere que o castro de Castromao sexa declarado Ben de Interese Cultural

Publicado o 12/01/2018 22:05

Dende o concello de Celanova traballan pra lograr que Castromao sexa declarado Ben de Interese Cultural. Fano coa posta en valor dun dos castros máis relevantes do noroeste peninsular. Castromao é un dos castros máis importantes dentro do que é a investigación arqueolóxica galega neste ámbito. Foi un dos primeiros en ser catalogados, xa en tempos de Florentino López Cuevillas, de feito nos anos sesenta do século pasado realízaronse aquí as primeiras excavacións. 

Agora semella que a súa posta en valor acada un novo pulo ante a posibilidade de ser declarado Ben de interese Cultural. Intramuros o castro supera as dúas hectáreas, pero tamén fóra do recinto amurallado apareceron restos arqueolóxicos da cidade galaico romana.

Durante os seu mil anos de historia coidan que a súa influencia abarcaba unha extensión enorme do territorio. Era ademais a capital do pobo dos coelernos.Conseguir a declaración de BIC axudará din, non só a protexer, investigar e conservar o castro, senón tamén a transmitirlle aos visitantes unha parte da nosa historia.<

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018