CRTVG

Buscar

Celaá admite que non hai nada seguro sobre a volta ao cole en setembro

Publicado o 21/05/2020 18:36

A ministra de Educación, Isabel Celaá, admitiu este xoves que, de momento, para setembro non se pode dicir "nada con seguridade" sobre a volta aos centros educativos ao descoñecerse a evolución da pandemia, pero que se deberá procurar o maior número de alumnos nas clases presenciais. 

Celaá lembrou que se formou un grupo de traballo no seo da Conferencia Sectorial coas comunidades para que antes das vacacións haxa un plan para a volta a clase o próximo curso, pero recoñeceu que se debe comprobar como evoluciona o virus este verán e ter en conta todas as variables.

Lembrou que é Sanidade quen dita as pautas sanitarias e non eles, polo que tamén será o departamento de Salvador Illa o que decida se se deben facer tests aos docentes e alumnos antes de poder regresar a clase.

Ademais, especificou que se pretende que, se os grupos por clase son de máis de 15 alumnos, se fraccionen para responder as condicións marcadas de distancia social de 2 metros. Para iso, instou a que se aproveiten "todos os espazos físicos dos centros", como bibliotecas, ximnasios ou salóns de actos.

Outro tema abordado foi o de se vai haber aprobado xeral este curso. A ministra negou que haxa "barra libre": serán os profesionais educativos, e a xunta de avaliación, os que decidan se un alumno con algún suspenso pode pasar de curso e, no seu caso, logra a titulación nunha etapa educativa.

Noticias web

21/05/2020