CRTVG

Buscar

Ceden os seus ordenadores durante o confinamento aos mozos do barrio

Publicado o 01/04/2020 14:30

Na situación actual, as aulas virtuais están tentando suplir a formación presencial. Unha posibilidade para a que non todos contan coas ferramentas necesarias. Por iso desde a Asociación de veciños Álvaro Cunqueiro, de Vista Alegre, en Santiago, decidiron ceder temporalmente aos fogares que o precisen os ordenadores da aula de informática para que os escolares poidan facer as tarefas.

Os ordenadores son desinfectados antes de saír da asociación e tamén tras ser instalados no domicilio, se precisan esa opción.

Unha iniciativa que ademais conta coa solidariedade veciñal para atender aquelas familias que non dispoñen de conexión a Internet.

Son 8 as familias que xa solicitaron estes equipos. Desde a asociación esperan poder axudar máis familias, tanto con material como con soporte.

Apoio á veciñanza que non queda só nesta iniciativa, xa que desde a asociación prestan axuda a maiores, levándolles a compra ou as medicinas, baixándolles o lixo e mesmo chamándoos para darlles conversa e que non se sintan tan sós.

Noticias web

01/04/2020