CRTVG

Buscar

Ceas baile para celebrar coa parella o Día dos Namorados

Publicado o 14/02/2020 22:35

Hai tradicións que non se perden, e unha delas é a do Día dos Namorados. Moitos restaurantes organizan ceas con menús especiais. Tras a cea tampouco falta a música e o baile. Moitas das reservas son de parellas, aínda que cada vez abondan máis os encargos de grupos que deciden pasar xuntos esta noite.

Nun restaurante de Lugo preparan as mesas para recibir as parellas que esta noite celebrarán o Día dos Namorados. A tradición da cea de San Valentín mantense viva e parellas de todas as idades apúntanse á festa.

Os restaurantes elaboran menús especiais fóra da súa carta habitual e non faltan destacadas sobremesas. Aquí degustarán unha crema brulée con amorodos e xeado que poñerá o toque doce a unha noite especial.

Tampouco faltan as flores vermellas e tras a cea chegará a música e o baile e, para os que queiran quedar tamén a durmir, moitos restaurantes con hotel contan con promocións especiais para pasar a noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020