CRTVG

Buscar

CDC levaba unha contabilidade parelela, segundo a Garda Civil

Publicado o 10/01/2020 20:51
CDC levaba unha contabilidade parelela, segundo a Garda Civil

Un informe da Garda Civil sobre a chamada trama do 3 por cento asegura que Converxencia Democrática de Catalunya levaba unha contabilidade paralela. No material intervido no rexistro da sede, os axentes atoparon follas de cálculo con dúas caras, a real e a contable.

O partido agochaba o traspaso das doazóns que recibían as súas fundacións, e tamén outras operacións fraudulentas, como as comisións que recibían a cambio de adxudicacións de obra pública. Segundo os investigadores, este método utilizouse sobre todo entre os anos 2008 e 2012, tempo en que as fundacións recibiron algo máis de 9 millóns de euros, dos que case 4 millóns foron para o partido de Jordi Pujol.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020