CCOO esixe ao Goberno que cumpra o compromiso de subir o salario mínimo e derrogar a reforma laboral
Publicado o 22/07/2021 14:17

Tamén Comisións Obreiras convocou outro acto de protesta para esixir ao Goberno que cumpra os compromisos adquiridos coas organizacións sindicais para mellorar o salario mínimo e a derogación da reforma laboral.
Este mediodía realizaron unha concentración de protesta diante da Subdelegación do Goberno en Ourense. O sindicato quere, ademais, un pacto para pechar unha suba anual comezando polo 2021 no que estamos.