CCOO acusa a Deputación de Pontevedra de crear unha Administración paralela
Publicado o 24/11/2020 14:57
O sindicato CCOO denuncia que a Deputación de Pontevedra está tentando suprimir dereitos dos traballadores de xeito progresivo. Di este sindicato que o Goberno que preside Carmela Silva está creando unha Administración paralela, en detrimento do emprego público.
Denuncian que supón un incremento de gasto e que buscan o control do organismo provincial.
"O brutal intento de instrumentalización da Deputación, transformando a función pública nunha institución en que se pretende o control absoluto, cunha serie de medidas que non teñen nada que ver co emprego público", asegura Jose Luis García Pedrisa, secretario de organización deste sindicato.
Máis sobre Pontevedra
19/01/2021 20:17