CRTVG

Buscar

CC OO e UXT reclaman do Goberno un impulso das reformas sociolaborais

Publicado o 11/02/2021 15:01

Os sindicatos volven á rúa despois dun ano de tregua. Entenden que estamos nun momento crucial para iniciar a recuperación e ven na suba do salario mínimo interprofesional o mellor xeito de incentivar a economía e o consumo.

En Galicia, CCOO e UXT piden que a suba alarial chegue a quen máis o necesita.

Na axenda tamén o futuro das pensións. Rexeitan a proposta do Ministerio de Seguridade Social de ampliar o período de cálculo de 25 a 35 anos e reclaman a volta ao diálogo.

"Agora si toca", din os sindicatos. É o momento -aseguran- de reactivar o diálogo social paralizado pola situación sanitaria.

Para Ramón Sarmiento, secretario de CCOO en Galicia: "Hai que meter presión para que esta saída se faga sobre os piares da xustiza social. Un goberno de progreso non debe agocharse na pandemia".

Os sindicatos estenderán as mobilizacións tamén ás redes sociais, neste momento de restriccións, para que o Goberno fixe datas para a axenda de reformas.

 

Noticias web

11/02/2021