CRTVG

Buscar

CC OO e UXT convocan concentracións "por un pacto para a reconstrución social"

Publicado o 25/06/2020 15:14

CC OO e UXT piden diálogo social para a recuperación despois da pandemia. Será o obxectivo das concentracións que convocaron en Galicia o próximo sábado. Reclaman un debate sereno sobre as reformas laborais e o aumento da presión fiscal.

O secretario xeral de CC OO en Galicia, Ramón Sarmiento, mantén que é imprescindible "revisar determinadas eivas na nosa estrutura fiscal que corrixan, ou que teñan a tendencia de corrixir, a diferenza de sete puntos que temos coa media de presión fiscal no ámbito de economías europeas comparables á española".

 

Noticias web

25/06/2020