CRTVG

Buscar

Cazolada na Coruña contra a xestión do Goberno da pandemia da COVID-19

Publicado o 19/05/2020 22:11

Ao berro de “Goberno dimisión”, varias ducias de manifestantes participaron nunha cazolada na Coruña contra a xestión do Goberno da pandemia da COVID-19. Algo que tamén sucedeu noutras cidades, como Madrid, Sevilla, Valencia ou Valladolid. 

A protesta comezou ás oito e media da tarde na Praza de María Pita e continuou pola rúa Real ata o Obelisco. Os manifestantes portaban cazolas e bandeiras de España. Axentes da Policía Nacional vixiaron o evento ao longo do seu percorrido.

Os participantes, convocados por Foro LC, defenderon que non era unha manifestación senón un "paseo".  A protesta volveu á Praza de María Pita, onde rematou entre asubíos.