CRTVG

Buscar

'Cazafotosub', capturando fotos de peixes no Grove

Publicado o 25/08/2019 22:08

Unha ducia de cativos participou esta mañá nun campionato de pesca en que a mellor captura foi unha fotografía. Con cámaras submarinas os rapaces retrataron os habitantes do fondo do mar, pero sen collelos. Na praia da Barrosa no Grove atoparon sobre todo lorchos e momas.

Así se preparan estes pequenos cazadores de imaxes. Moitos deles teñen xa experiencia na fotografía dos peixes das nosas praias. Unha boa foto ten o seu truco, pero antes que nada hai que asegurar a imaxe.

O campionato de hoxe está organizado polo Club Subacuático Sotavento e valorarán a cantidade de peixes fotografados e a calidade das fotografías. No club queren transmitirlles aos nenos a paixón polo medio mariño.

Segundo o club, hai grandes sorpresas nas augas das nosas praias e convídannos a velas ata finais de agosto na exposición da Casa da Luz de Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019