CRTVG

Buscar

Javier Nogueira, presidente da FGC: "O problema co xabaril é social, non cinexético"

Publicado o 30/08/2021 11:09

Esta foi a primeira fin de semana coa caza libre de xabarís en case 200 concellos do paísJavier Nogueira, presidente da Federación Galega de Caza, asegurou no Bos días que "a fin de semana foi como calquera anterior. De momento, non afecta o da emerxencia cinexética. É moi cedo para falar de balances".

"Nós entendemos que é unha medida de choque, que ten que ir acompañado de un diálogo xeral. Desde a Federación dicimos que é un problema social, non cinexético, que hai que resolvelo con emdidas máis profundas, coa lexislación que é a mesma desde o ano 1970", asegura Javier Nogueira. "Temos que sentarnos Administración, agricultores e cazadores para acordar esas medidas".

"Sobre a emerxencia cinexética hai que ser prudentes e ver cando finalice a temporada cal é o balance alá en febreiro", cre o presidente da Federación.

Os cazadores defenden cambios lexislativos, porque din que tal e como está "os responsables dos danos son o propietarios dos coutos de caza, os tecores, pero é unha lei que non se adaptou a estes tempos nos que a poboación do xabaril se dispara. Sen un cambio na lexislación, os tecores non son quen de soster eses danos".

Non ocorre así cos accidentes de tráfico, "aí si que houbo un cambio normativo", explica Javier Nogueira, "pero hai que tomar medidas destinadas a mimizar eses danos", conclúe.

Noticias web

30/08/2021