CRTVG

Buscar

Catro xabarís aparecen nunha azotea en Xirona e saltan ao verse acurralados

Publicado o 14/02/2020 13:56

A presenza de xabarís nas cidades estase a converter en algo xa habitual. Pero non o é tanto velos nunha azotea e saltar dela ao verse acurralados.

Eran catro os xabarís que apareceron na azotea dunha fábrica de Vilagrau, en Xirona, fuxindo dunha batida de cazadores.

Todo indica que os animais se desorientaron e acabaron no tellado que está ao mesmo nivel da estrada.

Durante uns minutos, tal como recolleron as cámaras de vixilancia da empresa, os animais tentaron inutilmente saír de alí

Pero ao ver que era imposible e sentirse acurralados, os catro animais decidiron saltar ao baleiro.

Un deles morreu tras o salto pero os outros tres lograron sobrevivir e volver ao monte de onde fuxiran da batida de cazadores que, segundo confirmou o concello de Vilagradu, son habituais na zona.

Noticias web

14/02/2020