Catro rutas reivindicativas conflúen en Caaveiro contra os parques eólicos en Ferrolterra
Publicado o 05/09/2021 14:05
O mosteiro de Caaveiro foi o punto de confluencia de catro marchas simultáneas contra os parques eólicos proxectados na contorna do parque natural das Fragas do Eume.
Na mobilización participaron asociacións veciñais e plataformas de toda Ferrolterra, en desacordo co modelo de transición enerxética do Goberno.
Denuncian o impacto visual, económico e patrimonial que suporía a creación de seis polígonos eólicos na zona, nos que se prevé instalar cento catro aeroxeradores de máis de douscentos metros de altura. Piden unha transición xusta e respectuosa coa biodiversidade do territorio.