CRTVG

Buscar

Catro positivos por coronavirus no Rácing de Ferrol

Publicado o 02/03/2021 21:17

Complícaselle a situación ao Rácing de Ferrol. Esta tarde comunicou catro positivos por coronavirus entre os integrantes do primeiro equipo. Os afectados son Javi Rey, Fernando Pumar, Pep Caballé e Bruno Rivada. Os catro están illados, aínda que non presentan síntomas. Xa que logo, non poderán xogar o vindeiro domingo ante o Coruxo, no campo do Vao. O resto dos xogadores deron negativo e poderán seguir cos adestramentos. Son dúbida por molestias para ese encontro Álex López e Jon García.

Noticias web

02/03/2021