CRTVG

Buscar

Catro positivos nos puntos de autotest de Santiago e de Ribeira

Publicado o 01/08/2021 17:03

Ao cribado realizado no punto de autotest de Santiago, que estaba aberto a maiores de 12 anos, acudiron case 300 persoas e houbo dous positivos. A mesma cifra de positivos que se detectou no cribado na lonxa do porto de Ribeira, onde acudiron case 400 persoas.

Hoxe non se traballa nestes puntos en que se poden realizar test de antíxenos de balde e facer xestións administrativas, pero xa mañá, luns, estarán novamente dispoñibles para os galegos.

Noticias web

01/08/2021