CRTVG

Buscar

Catro persoas denunciadas por unha liorta e por non levaren máscara en Barbadás

Publicado o 19/01/2021 08:20

Así acabou unha discusión sen importancia nun bar de Barbadás. Golpes, berros e cadeiras polos aires. A liorta desatouse entre un grupo de amigos, con mozos e mozas implicados. Foi precisa a intervención da policía local para frealos, e nin así. Hai catro persoas denunciadas, ademais de por altercado público, tamén por non levaren a máscara.

Noticias web

19/01/2021