CRTVG

Buscar

Catro partidos da Copa do Rei, na tvG2

Publicado o 09/12/2020 21:05

Gran noticia para os afeccionados galegos. A semana que vén poderemos ver en directo os seguintes encontros da Copa do Rei de fútbol pola nosa segunda canle.

O martes 15, ás oito da tarde coas cámaras da G2 dende O Couto, Ourense-Leganés. O mércores 16, dende o campo do Vao, Coruxo-Málaga, un encontro que comezará ás tres e cuarto da tarde. E para o xoves 17, dúas citas, a primeira será ás cinco da tarde dende Riazor co partido Deportivo-El Ejido, e xa ás oito poderemos ver o Pontevedra-Cartaxena dende o estadio municipal de Pasarón.


 

Noticias web

09/12/2020