Catro parroquias de Ramirás están afectadas pola auga contaminada con arsénico
Publicado o 23/08/2019 14:24
A auga da traída de catro parroquias do municipio ourensán de Ramirás sofre contaminación por arsénico. O Concello xa prohibiu o seu consumo e está a subministar auga potable con cisternas. Trátase dun problema que se repite cada verán dende hai cinco anos. O motivo, din, está na captación que fan do río Tuño.