CRTVG

Buscar

Catro novas mortes por coronavirus elevan a 1.350 o total de vítimas en Galicia

Publicado o 22/12/2020 20:45
Catro novas mortes por coronavirus elevan a 1.350 o total de vítimas en Galicia

A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste martes catro novas mortes por coronavirus, polo que o total de vítimas que deixa a pandemia en Galicia ascendeu a 1.350.

En concreto, dous destes falecementos rexistráronse no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e trátase dun home de 88 anos e unha muller de 83.

Ademais, morreron unha muller de 95 anos que permanecía ingresada con covid-19 no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo e outra de 83 no Hospital Povisa de Vigo.

Todos eles presentaban patoloxías previas, segundo confirmou a Consellería de Sanidade.