Catro mozos identificados por agredir un policía local da Guarda
Publicado o 29/09/2021 13:26

Catro mozos da Guarda están a ser investigados en relación coa agresión que sufriu un policía local a comezos deste mes. A Garda Civil identificounos como presuntos autores do delito de agresión a un axente que tentaba disolver o botellón en que participaban.
Os mozos tamén están a ser investigados pola súa implicación nos danos que sufriu o coche da Policía Local desprazado á zona. Teñen entre 20 e 25 anos e deberán comparecer no xulgado de Tui que leva as dilixencias do caso.