CRTVG

Buscar

Catro mortos por picaduras de velutinas no que vai de mes no norte de Portugal

Publicado o 27/09/2019 21:42

No que vai de mes 4 persoas morreron no norte de Portugal a causa da picadura dunha avespa velutina. Esta cifra non é habitual e as autoridades do país lanzan unha alerta.  A última vítima morreu cando lle caeu un niño mentras cortaba piñeiros. 
Sucedeu nesta aldea de Mosteirinho en Tondela, a uns 100 quilómetros ao sur Porto. Aquí é habitual atoparse con velutinas, de feito o concello xa retirou 300 niños no que vai de ano.
O home de 38 anos estaba cun grupo de traballo cortando piñeiros, un niño caeu, desfíxose e as avespas atacárono provocándolle a morte case ao momento. Os seus compañeiros tamén foron atacados pero el resultou ser alérxico ás picaduras.
Tres persoas máis morreron por esta causa no norte de Portugal no que vai de mes. Non é para nada habitual e ten moito que ver coas campañas de limpeza dos montes e talas forestais porque o resto de accidentes mortais son moi semellantes. As autoridades do país despois deste falecemento acontecido onte envían unha mensaxe de cautela aos traballadores do monte para que estean atentos e protexidos ante a avespa velutina.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019