CRTVG

Buscar

Catro mortos no ataque cun coitelo contra policías en París

Publicado o 03/10/2019 20:13
Catro mortos no ataque cun coitelo contra policías en París

Un funcionario da policía francesa matou este xoves cun coitelo catro compañeiros e deixou outro ferido na prefectura de París, por causas que aínda se investigan.

O presunto autor deste ataque foi abatido posteriormente a tiros. Segundo o Ministerio do Interior francés, o home tiña corenta e cinco anos e levaba traballando na prefectura parisiense desde o ano 2003.

Tras o suceso, o domicilio do autor dos feitos foi rexistrado e a súa muller foi detida. Algúns medios franceses indicaron que o autor dos feitos se converteu recentemente ao Islam, aínda que de momento o suceso non foi cualificado polas autoridades como acción terrorista.