CRTVG

Buscar

Catro mortos en Alemaña polo temporal de chuvia e vento

Publicado o 05/10/2017 21:54

Catro persoas morreron polo forte temporal de chuvia e vento que afecta ao norte e leste de Alemaña. As catro vítimas morreron do mesmo xeito, pola caída de árbores sobre os seus coches. Ademais dos catro mortos, o temporal "Xavier" paralizou o tráfico de trens, de autobuses urbanos e tamén varias operacións previstas nos aeorportos e o caos apoderouse, sobre todo, de Berlín. O servizo de meteoroloxía activou a alerta advertindo que os ventos poderían acadar os 125 quilómetros por hora. A policía e os bombeiros atenderon numerosas emerxencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017