CRTVG

Buscar

Catro mortos é unha persecución de película tralo atraco a unha xoiaría de Miami

Publicado o 06/12/2019 11:28

O atraco a unha xoiería de Miami acabou con catro persoas mortas despois dunha persecución e un tiroteo de película.

Na fuxida, os dous atracadores roubaron unha furgoneta de distribución e secuestraron o condutor. Pronto se viron perseguidos polos moitos coches de policía que acabaron por acorralalos na autoestrada. En canto pararon a furgoneta comezaron a intercambiar disparos coas ducias de axentes que ían pechando o círculo arredor deles. Morreron os dous sospeitosos, o condutor da furgoneta e mais outro condutor que se atopou, de súpeto, con este tiroteo na autoestrada. "Isto é o que fan as persoas perigosas cando tratan de escapar", dixo o xefe de policía.

Noticias web

06/12/2019