Catro mortes máis elevan a 1.354 os falecementos pola covid-19 en Galicia
Publicado o 23/12/2020 21:41

Catro persoas morreron este mércores diagnosticadas de covid-19, polo que Galicia suma 1.354 falecementos desde o inicio da pandemia, segundo os datos de Sanidade.
Os decesos son os dunha muller de 80 anos no CHUO de Ourense, un home de 89 no CHUVI de Vigo, un home de 84 nese mesmo centro médico, procedente da residencia de maiores Cesantes-Redondela e un home de 96, que morreu na residencia Vila do Conde, de Gondomar.
O Sergas indica que os falecidos tiñan patoloxías previas.