CRTVG

Buscar

Catro mortes elevan a 2.310 os falecementos por covid−19 en Galicia

Publicado o 17/03/2021 21:02
Catro mortes elevan a 2.310 os falecementos por covid−19 en Galicia

Sanidade acaba de notificar o falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas de coronavirus. Con elas, o número total de vítimas mortais que deixa a pandemia en Galicia é de 2.310 persoas.

Os decesos son os dun home de 90 anos no CHUO, unha muller de 95 anos no CHUAC, un varón de 71 anos no CHUAC —os tres na xornada de onte— e un home de 81 anos no CHUAC nas últimas 24 horas.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todos eles presentaban patoloxías previas.