CRTVG

Buscar

Catro millóns de españois votarán distinto ao Congreso e ao Senado, segundo ABC

Publicado o 07/04/2019 15:00

O voto ás dúas cámaras das Cortes presenta características singulares de fidelización, segundo unha enquisa que publica hoxe Abc.
Así o resume en titulares: "Catro millóns de españois votarán de xeito diferente ao Congreso e ao Senado". A cámara alta cobra importancia porque "a aprobación doutro 155 dependerá" de quen a controle.
Votarán igual para Senado e Congreso case un 70% dos electores e o outro 30% farao distinto ou aínda non o ten decidido.
Mentres, nas municipais só o 55% dos electores votarán ao mesmo partido ca nas eleccións xerais.


 

Noticias web

07/04/2019