Sanción por incluír unha unha antiga socia nun grupo de WhatsApp sen consentimento
Catro mil euros é a sanción imposta a un club deportivo de Murcia por incluír unha antiga socia da entidade nun grupo de WhatsApp sen o seu consentimento. A sentenza abre o debate sobre o nivel de confidencialidade e de protección de datos que hai nese tipo de grupos.
A Axencia estatal de Protección de Datos contempla multas de ata 20 millóns de euros para aquelas empresas que abusen deste tipo de prácticas, iso si, en casos extremos.
Incluír unha persoa nun grupo sen o seu consentimento expreso, conservar os datos máis alá do tempo necesario, facilitar o número de teléfono a terceiros ou incumprir as normas de confidencialidade son algunhas das infraccións da lei de protección de datos máis habituais que cometen os administradores de grupos de WhatsApp. Tamén é obrigatorio respectar a desconexión do grupo fóra do horario laboral.
O que é imprescindible é que o empregado dea o seu consentimento expreso e sexa informado dos usos que se vaian facer dos datos que facilite a través do WhatsApp. Os usuarios ven positiva a protección de datos, aínda que desconfían da súa efectividade.
Para os grupos de WhatsApp de amigos, familiares ou lúdicos non se aplica o regulamento de protección de datos.