CRTVG

Buscar

Catro mil condutores denunciados por exceso de velocidade

Publicado o 20/08/2019 21:36

Ata catro mil condutores levaron unha multa nunha semana por exceso de velocidade nas estradas convencionais galegas.
A campaña de Tráfico desenvolveuse durante a semana da ponte festiva, e fixéronse mais de 78.000 controis. O 5% deles sobrepasaron os límites de velocidade. Segundo a Delegación do Goberno, este dispositivo especial serviu para mellorar os datos de sinistralidade nas vías galegas. Ainda que todas as vítimas mortais, no que vai de verán, se produciron en vías convencionais, o numero de accidentes está por debaixo dos rexistrados hai un ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019