CRTVG

Buscar

Un veciño de Lugo, desesperado porque non dá botado uns 'okupas' do seu piso turístico

Publicado o 21/10/2020 13:44

Levan 4 meses de okupas e non pensan marchar ata que atopen unha vivenda. O propietario dun piso turístico situado no centro de Lugo está desesperado. Non deixa de recibir reservas a través das plataformas de internet pero non pode aceptalas, polo que está perdendo unha media de 1.000 euros ao mes neste piso turístico que adquiriu hai dous anos como investimento. Os okupas reservaran o inmoble para unha semana, e cando foi recoller as chaves atopouse coa desagradable sorpresa. A ocupación causou malestar na zona.

No tempo que levan instalados, algúns veciños da zona din que ven moito movemento, pero algúns subliñan que, polo momento, non viron que producisen ningún problema.

O afectado presentou denuncia na comisaría de policía e contratou os servizos dun avogado para tentar axilizar o desaloxo. Teme, ademais, que os okupas puidesen provocar danos materiais na vivenda.

Noticias web

21/10/2020