CRTVG

Buscar

Catro menores mortos nos últimos días na fronteira sur dos EUA

Publicado o 26/06/2019 12:22

A foto foi portada dos principais xornais do mundo e agora transcenden as imaxes en vídeo do rescate dos cadáveres do migrante salvadoreño e da súa filla de dous anos afogados no río Bravo cando intentaban chegar a nado aos Estados Unidos. 

Na ribeira estadounidense deste mesmo río foron localizados os cadáveres doutros tres menores e dunha muller, todos eles de nacionalidade guatemalteca, que morreron deshidratados por falta de auga e polas altas temperaturas, de ata 45 graos, rexistradas na zona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019