CRTVG

Buscar

Catro menores intoxicados pola mala combustión dunha cociña de leña en Tomiño

Publicado o 25/11/2019 21:24

O uso de carbón para avivar o lume da cociña de leña puido ser a causa da intoxicación por monóxido de carbono que afectou catro cativos e unha muller adulta nesta vivenda de Goián, en Tomiño.

Os menores, con idades comprendidas entre os cinco e os dez anos, presentaban síntomas como mareos, dor de cabeza e somnolencia polo que foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para recibir un tratamento con osíxeno.

Os bombeiros de Porriño acudiron ata o inmoble e realizaron medicións de gas, que ratificaron un alto contido de monóxido de carbono.

"Debeu de ser cousa do carbón. Os rapaces tiñan frío e pecharon portas e ventás. Os máis cativos quedaban durmidos".

"Cando chegamos, procedemos a medir os gases e a temperatura e a ver se había algún foco de lume. Despois, o que fixemos foi ventilar para evitar riscos".

A avoa de dous dos cativos, que foi quen prendeu a cociña, non quedou afectada. Segundo dixo, é habitual que os menores pasen con ela todas as tardes despois de saír da escola, xa que os pais teñen que traballar. Por fortuna, todo quedou nun susto e non se agarda que aos rapaces lles queden secuelas.

Noticias web

25/11/2019