Catro membros dunha familia e tres veciños do Páramo deron positivo en coronavirus
Publicado o 29/08/2020 20:59
Sete persoas do concello lucense do Páramo deron positivo nas probas de covid-19. Catro deles son membros da mesma familia e os outros tres, veciños cos que mantiveron contacto.
As probas tamén llas están facendo ao círculo próximo desta familia, que é beneficiaria do servizo a domilicio. As traballadoras que foron á casa onde se detectou este gromo deron negativo en coronavirus, pero aínda así están en corentena.
Desde o Concello intensificaron a desinfección e póñense ao servizo dos veciños para que non se expoñan.
Tamén no concello de Triacastela hai un gromo que de momento afecta a tres persoas e en Sarria, dous menores que xa pasaran a corentena volveron dar positivo na proba que lles practicaron.