CRTVG

Buscar

Catro intoxicados, tres deles menores, por un escape de gas na súa vivenda en Noia

Publicado o 04/11/2019 11:11
Catro intoxicados, tres deles menores, por un escape de gas na súa vivenda en Noia

Catro persoas, tres delas menores, quedaron intoxicadas ao inhalar gas a consecuencia dun escape na súa vivenda de Noia.

O accidente produciuse contra as nove e media da noite de onte na rúa Camino Agra del Puente. Os catro afectados foron trasladados ao centro médico.

O 112 recibiu a alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia 061; posteriormente, recibiron aviso os bombeiros, a Policia Local, o Servizo Municial de Protección Civil, o GES de Brión e a empresa subministradora de gas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí