CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Catro ilustradoras retratan o Camiño da Costa dende O Porto a través dos seus debuxos

Publicado o 05/07/2017 20:59


Poñer a atención sobre o papel da muller na ilustración, ademais de facelo co Camiño portugués da Costa, é o obxectivo final do proxecto Camiña/Camiño. Catro mulleres retrataron en acuarela as paraxes máis especiais, ademais daquelas que fan de postal do percorrido.



Dende O Porto ata Compostela, bordeando o Atlántico e facendo as paradas necesarias para ilustrar en acuarela o Camiño da Costa. El Patito Editorial, coa colaboración do Concello e de Turismo de Santiago, da Xunta e da Axencia de Turismo de Galicia, fixeron posible Camiña/Camiño.





Fernanda Lamelas e Teresa Ruivo, ambas ilustradoras, fixeron a parte portuguesa do tramo, mentres que Isabell Seidel e Blanca Escrigas se encargaron do traballo a partir da Guarda. Chegaron hoxe ao Obradoiro e, aínda que a paisaxe foi inigualable, teñen lugares preferidos.



Toda a colección de debuxos publicarase en novembro en formato de libro, ademais dunha exposición e dunha charla que impartirán as catro protagonistas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí