CRTVG

Buscar

Catro galegos compiten nos mundiais de ciclocrós

Publicado o 01/02/2019 17:55


E esta fin de semana os campionatos do mundo de ciclocrós coa presenza de catro corredores galegos. En Dinamarca. Ilusións depositadas en todos, pero particularmente na figura do limián Carlos Canal. Ciclista júnior. Campión de España. Acaba de estar no podio de dúas probas da Copa do Mundo. Canal acode en forma e os últimos resultados sitúano nas quinielas do título mundial.

Canal correrá ás once da mañá do sábado. Dúas horas despois a proba sub23 co vigués Samuel González e co alaricán Iván Feijoo. Feijoo é o campion de España. Corre por segunda vez o mundial.
En sub23 feminino estará a marinense Irene Trabazo.
 

Noticias web

01/02/2019