CRTVG

Buscar

Catro feridos, un deles moi grave, nun accidente de tráfico en Xetafe

Publicado o 16/09/2020 09:19

Permanece moi grave un dos catro feridos nun accidente de tráfico rexistrado en Xetafe. Foi un choque frontal entre un coche e unha furgoneta, que quedou envorcada. O Samur e os bombeiros da Comunidade de Madrid tiveron que rescatar e estabilizar na zona do sinistro os seus ocupantes. O impacto alcanzou un terceiro vehículo que circulaba pola vía.

Noticias web

16/09/2020