CRTVG

Buscar

Tres feridos, un deles grave, nun accidente de circulación na recta de Anllada, en Cuntis

Publicado o 09/06/2019 21:24

Tres persoas quedaron feridas nun accidente de circulación ocorrido pouco despois das seis da tarde, nun treito recto da N-640 entre Cuntis e A Estrada, na parroquia de Anllada. Un turismo todo terreo atropelou un peón cando estaba a saír dun coche estacionado, e máis tarde bateu contra este mesmo vehículo, o cal acabou contra un posto de venda de froita.

O ferido máis grave é o peón, que foi trasladado en helicóptero ao Hospital Universitario de Santiago. Os outros dous ocupantes do coche quedaron feridos leves. 

 

Noticias web

09/06/2019