Catro feridos nun tranvía en Barcelona que non deu freado a tempo e bateu contra o tope
En Barcelona, bo susto cando un tranvia non parou a tempo. deu co topo. A condutora do convoi, que sofre lesións graves, quedou atrapada na cabina e tivo que ser rescatada polos bombeiros.
O accidente ocorreu pouco antes das nove da mañá no treito final da liña 4 do tranvía na localidade barcelonesa de Sant Adrià de Besos. O tren non freou a tempo e bateou contra o tope da vía. Catro persoas quedaron feridas, a máis grave a condutora do convoi.
Jesús Cabañas, voceiro do SEM: "Unha delas, a condutora de 41 anos, que estaba atrapada, fixo falta a colaboración con Bombeiros da Generalitat para facer a excarceración. Esta condutora tiña lesións, traumatismo facial e torácico e foi trasladada a Can Rutì."
Hai tres feridos máis, neste caso de carácter leve. Dous deles foron trasladados ao hospital e o terceiro pediu a alta voluntaria despois de recibir asistencia no mesmo lugar do accidente. Investígase se a colisión foi consecuencia dun fallo técnico ou humano.