CRTVG

Buscar

Catro feridos nun accidente con sete coches implicados na AP-9, en Vigo

Publicado o 15/09/2020 16:59

Catro persoas quedaron feridas tras un aparatoso accidente de tráfico con 7 coches implicados en Vigo. O accidente produciuse sobre as 11 e media da mañá, cando os vehículos circulaban pola AP-9 á altura da parroquia de Cabral. Segundo testemuñas presenciais, nun primeiro momento bateron dous coches, posteriormente unha persoa baixou dun dos vehículos e foi atropelada. E finalmente o resto chocou en cadea. Ademais desta persoa, outros 3 feridos foron trasladados en ambulancia ao sanatorio Concheiro. Como consecuencia do sinistro pechouse un carril de circulación e houbo retencións de máis dun quilómetro.

Noticias web

15/09/2020